Presentación do libro O Camiño da Cruz

Maña martes terá lugar, na librería La Voz de la Verdad,  a presentación do libro “O Camiño da Cruz” .

O libro, editado polo Instituto Teolóxico Compostelano ( ITC), da  autoría de dous profesores eméritos dese Instituto – José Antonio González García e Manuel Regueiro Tenreiro- ten como título O Camiño da cruz: textos, estudios,  celebración. Este título resume o contido da publicación:

  1. Os textos qu se recollen son o orixinal francés de Le Chemin de la Croix de Paul Claudel, a traducción á lingua galega (versión abreviada) de D. Xosé Filgueira Valverde e a versión libre e poetizada, en castelán, de D. José María Pemán.
  2. Os estudios que se teñen feito son unha investigación sobre o soporte da base bíblica, da reflexión teolóxica, ou das tradicións referentes ás estacións do Vía Crucis, e tamén unhas introducións  ás biografías dos autores dos textos propostos (Claudel, Filgueira e Pemán).
  3. A celebración trátase dun ensaio, en lingua galega e con formato litúrxico, para ser empregado nas celebracións individuais ou comunitarias do Víacrucis. Neste texto preséntanse tamén unhas suxerencias para a reflexión (colectiva ou individual) en cada momento do acto litúrxico. Estas reflexións contextualízanse –na súa meirande parte- na celebración do ano xubilar da misericordia que , por iniciativa papal, se está a celebrar.

No acto intervirán os autores da publicación, e Jaime Diéguez, profesor do Instituto Teolóxico lucense e Director de La Voz de la Verdad.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com