A primeira fase de ascenso enfrontará esta noite ao Ribeira Sacra Breogán contra o Palencia

Cita ineludible para a afección do Ribeira Sacra Breogán hoxe a partir das nove, no Pazo dos Deportes. Os celestes reciben ao Palencia no primeiro asalto do play off de ascenso.

O Consello de Administración da entidade celeste decidiu agradecer a fidelidade dos aboados que levan apoiando ao equipo durante toda a tempada, coa inclusión dos encontros de play off no abono. Ademais, os aboados terán na súa man axudar a encher o Pazo mercando unha entrada a prezo reducido para un acompañante.

Pola súa banda, Club Deportivo Lugo recibirá a visita do Alcorcón, no estadio Ángel Carro, este sábado dende as catro da tarde.  O partido corresponde á trixésimo quinta xornada da Liga Adelante e será televisado en directo por LaLigaTV.es.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com