Primeiro ShowRoom da empresa lucense ‘Hasta en un Iglú’ especializada en vodas

A empresa Hasta en un Iglú, pioneira en Lugo de organización e xestión de vodas e de deseño de produtos, contando tamén cunha liña propia de detalles e papelería baseada en produtos actuais e novos para a xente nova de hoxe en día, organizan esta fin de semana o primeiro ShowRoom Cásate Conmigo Val dos Soños.

Non se trata dunha feira máis na que o espectador chega, percorre as casetas que lle interesa e se vai; senón que pretenden ir moito máis alá en canto a exposicións de vodas se refire. Non só habilitarán casetas para cada empresa, senón que tamén buscan unha interacción entre o público e as empresas participantes, a traveso de pequenos concertos en directo, voos de dron, cata de xamón, e tamén buscan “crear sinerxias realizando as comidas entre todas as casetas participantes”.

“O noso obxectivo ao organizar esta feira é sobre todo realizar algo completamente diferente ao que se fixo na cidade ata agora, buscar a implicación dos profesionais e os noivos; dar a coñecer a un importante grupo de empresas do sector e lograr que chame a atención e se fale dela, para proseguir o proxecto o ano que vén”.

O ShowRoom Cásate Comigo Val dos Soños, terá lugar na carpa do Restaurante Val dos Soños, os días 31 de Outubro e 1 de Novembro, cun horario de apertura de 11:00h a 14:00h, e de 16:00h a 21:00h.

Ademais o Domingo haberá un desfile incrible que correrá a cargo do estilista Diego Rosso cunha mostra de peiteados en directo, vestidos da prestixiosa firma de moda española Rosa Clará, todo iso cunha impresionante posta en escena. Posteriormente haberá un gran sorteo para todos os participantes ao ShowRoom e a feira pechará cuns cócteles.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com