O PSOE de Antas denuncia que o parque infantil non cumpre as normas de seguridade e hixiene

A voceira do PSOE en Antas de Ulla, Pilar García Porto, avanzou este venres que rexistrará unha moción para esixir ao Alcalde mellores dotacións no único parque infantil da localidade. Ademais aseveran que “non cumpre as mínimas normas de seguridade, nin de hixiene”.

García Porto advirte que “o mantemento desta instalación infantíl foi practicamente nulo dende a súa creación, por iso está sucio, con acumulación de lixo na papeleira e en todo o recinto”. Sinala tamén que “tampouco hai mantemento nas instalacións, xa que levan varios meses coas lousas levantadas, o valado do peche perimetral rota, os elementos de xogo desconchados e con partes de madeira astilladas e rotas, con todo o perigo que conleva o mobiliario”.

A voceira denuncia que “a maiores destes desperfectos, o entorno non está adaptado para albergar xogos infantís, xa que a principal rúa pola que discorre pegada ao parque é una falsa rúa peatonal, que só conta con sinalización nunha dirección polo que os vehículos que veñen na outra dirección descoñecen que poden atopar nenos xogando na calzada”. A maiores di que “a Praza Nova ten uns elementos decorativos formados por cepos, que tanto pola súa angulosidade, como pola altura, supoñen un claro elemento de risco de accidente para os máis cativos. O mesmo sucede coas escaleiras e zona de acceso á Praza Nova dende o Parque”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com