" />

PSOE e Lugonovo condenan a escalada de asasinatos machistas

O Concello de Lugo expresa a súa total repulsa e condena pola tráxica escalada de asasinatos machistas que se está a producir, que acabou coa vida de 9 mulleres e 4 menores no mes de xullo e no que vai de agosto. Dende comezos deste ano 2015, son 24 mulleres e 8 nenos as vítimas da violencia de xénero.

A entidade local manifesta a súa solidariedade e afecto aos familiares e amigos das vitimas e, ante esta gravísima situación, fai un chamamento á concienciación cidadá para loitar entre todos contra esta intolerable lacra social, ademais de “reivindicar a implicación decidida de todas as institucións, políticas, xudiciais e policiais, para erradicar dunha vez por todas o terrorismo machista”, subliñou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana González Abelleira.

O Concello esixe aos Gobernos galego e central medidas reais de prevención, o amparo ás mulleres que denuncian aos seus maltratadores e o incremento de medios e recursos para combater a violencia de xénero. En definitiva, que “esta loita volva a situarse como unha prioridade”, indicou a edil.

Pola súa banda,  Lugonovo quixo amosar a súa repulsa por tódolos casos de violencia “aos que estamos asistindo dende hai algunhas semanas no país”.

Dende esta Plataforma Cidadá “condenamos toda a violencia, machista, de xénero e familiar e amosamos a nosa solidariedade cas familias das víctimas. Pedimos ademais un maior apoio das institucións para frear este mal social e tamén un maior compromiso para traballar en prol da educación e da concienciación social, así como a axilización e o incremento de esforzos, por parte de Administración, para que a Xustiza teña as ferramentas necesarias para loitar contra ela”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo