" />

Quiroga sufre a treboada cun lume nunha vivenda particular

Un dos 1.000 raios que caeron esta madrugada na provincia, puido ser o causante do incendio que sacudiu unha casa a primeira hora desta mañá en Quiroga. Segundo informou o 112, foi a chamada dun particular a que alertou deste lume que se desatou afectando, en gran medida, á instalación electrica da vivenda. Os Bombeiros de Monforte persoaronse na vivenda para controlar o lume que non causou danos persoais.

E noutros sucesos, dous turismos colisionaron onte á tarde no cruce das Casas Baratas que une a rúa Pontevedra coa rúa Betanzos. Un cruce no que xa se veñen rexistrando numerosos accidentes. Neste caso, non se lamentaron danos persoais pero si, importantes danos materiais nos vehículos. O suceso tivo lugar en torno ás 6 da tarde. Numerosos son os escritos que os veciños da zona teñen rexistrados no Concello pedindo que se adopten medidas para reducir a sinistralidade neste cruce mediante bandas sonoras ou semáforos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo