" />

O CD Lugo empata ante o Real Valladolid (1-1)

O Lugo comezaba o encontro marcando o ritmo do partido e buscando o protagonismo, e tras varios intentos rozaban o gol nun bo envío á posición de Joselu, que non puido aproveitar ante a saida de Kepa. Os de Durán mantiñan as liñas altas, ocupando o terreo rival e perseguindo a saída dende a meta. Con dúas ocasións, unha de Mojica, nun disparo a larga distancia, e outra de Campillo, nunha volea á media volta, remataba a primeira parte.

Xa no segundo tempo, os primeiros minutos foron moi igualados e o Real Valladolid buscaba a superioridade no balón parado como arma principal de choque. José Durán daba entrada a Sergio Marcos por Iriome e o Lugo comezaba a ser incontestable, tanto en creación e control, como en ocasións claras de gol, que chegaba nunha boa xogada de velocidade, na que Campillo enviaba ao corazón da área e Joselu non perdoaba e marcaba o gol para o Lugo.

Os de Durán seguiron mantendo o dominio do balón e buscando un segundo tanto que pechara definitivamente o encontro e lles dera a vitoria, pero a fortuna non estivo do lado dos lucenses e unha xogada desafortunada ía acabar en penalti por man de Caballero. José Juan salvaba en primeira instancia, pero no rechace, recollía o balón Roger, que empataba o partido no tempo de desconto.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo