O Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, afirmou onte nunha entrevista concedida a Radio Líder Lugo e Xornal de Lugo, que se emitirá o vindeiro luns 13 de abril, que aínda que non ten interese en formar parte das listas electorais para as vindeiras eleccións de maio, estará a disposición do que dispoña o Partido Popular.
Sinalou que no momento actual está completamente dedicado a súa labor como Subdelegado do Goberno, e que prefire centrarse nesta tarea exclusivamente. Aínda así, explicou que serán o presidente dos populares, José Manuel Barreiro e o candidato á alcaldía de Lugo do PP, Jaime Castiñeira, os que teñen a tarefa de elexir nestes días quenes serán as persoas que compoñerán a lista completa do partido para as eleccións municipais.
Escoitamos a Ramón Carballo nun corte da entrevista concedida a este medio na tarde de onte: