" />

Raquel Arias acusa á deputada Concepción Burgo de falsear a información do cuartel de San Fernando

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, saíu ao paso a unhas declaracións de Concepción Burgo, nas que asegurou que “o edificio atópase nunhas condicións deplorables, sen que a Xunta de Galicia, responsable do seu mantemento, faga nada ao respecto”. Arias acusa á deputada do PSOE de falsear a información sobre o cuartel de San Fernando e caer “no abuso electoralista con este tema”, dado que o Goberno autonómico ten entre as súas previsións no exercicio 2015 un investimento de 90.000 euros para o cuartel e está á espera de que o concello de Lugo envíe o proxecto.

A delegada amosou a súa sorpresa porque o PSOE pida no Parlamento Autonómico un acordo que xa existe “e que está precisamente pendente de que o concello de Lugo remita o proxecto de execución coas obras de mantemento e conservación necesarias, para completar a tramitación administrativa do convenio”.

Arias lembra que as obras de mantemento do cuartel de San Fernando son responsabilidade do seu titular, o concello de Lugo, pese ao cal a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aceptou asumir  a metade do investimento necesario pare realizar obras de rehabilitación no inmoble, que se estima en aproximadamente 180.000 euros.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo