Raquel López encabezará a candidatura do PSOE para a alcaldía de Chantada

O PSOE de Chantada celebrou unha asemblea extraordinaria de militantes para escoller ao candidato socialista nas próximas eleccións municipais. Por aclamación, foi elixida a única candidatura presentada, a de Raquel López Arias, a actual voceira do partido no Concello. Esta licenciada en Filoloxía Inglesa e mestre de instituto, liderará por segunda vez a lista do Partido Socialista en Chantada.

A recente candidata destacou que “mentres outros partidos políticos xogan ao despiste e á ambigüidade, dende o PSOE damos un paso ao fronte porque temos as cousas moi claras. Queremos que todos os veciños e veciñas de Chantada sexan partícipes da ilusión coa que imos traballar para desaloxar ao Alcalde do Concello. Somos a alternativa a este goberno de INTA (Independentes Terras do Asma) que parece estar canso, sen iniciativa, sen emprendemento, sen preocuparse por asentar poboación no rural e defender os servizos públicos, sen dinamizar o comercio e o turismo, piares fundamentais para a economía do noso Concello. Dende o Partido Socialista comprometémonos a revitalizar todos estes aspectos para facer de Chantada un Concello mellor”.

Raquel Arias explicou que “imos a facer unha candidatura sólida e forte para expulsar a Manuel Lorenzo Varela da Alcaldía, pois xa son demasiados anos aguantando a súa pésima xestión, primeiro no PP e agora en INTA. Temos unha gran oportunidade de liderar o cambio que demandan os veciños e veciñas de Chantada a través dun proxecto social e transparente, para que os nosos cidadáns conten con máis prestacións públicas e de calidade.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos, felicitou á nova candidata e subliñou que “Raquel ten todo o apoio e respaldo do partido provincial porque sabemos que é a persoa idónea para traballar e conseguir que Chantada sexa un Concello do que sentise orgulloso”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com