" />

Reactivase o prazo de inscrición para 142 prazas nas escolas infantís municipais

A Concellería de Educación e Difusión do Coñecemento reactiva o prazo de inscrición para ocupar as 142 prazas libres para o vindeiro curso nas catro escolas infantís municipais.

Destas 142 prazas, ofértanse 28 para nenas e nenos de 3 meses a 1 ano, 16 para 1 a 2 anos e 98 de 2 a 3 anos, das que, en total, 37 serán para as escolas Serra de Outes, Gregorio Sanz e Luís Soto Menor, mentres que a escola María Wonenburguer ofertará 31 prazas.

Dende a concellería de Educación infórmase de que o prazo para presentar as solicitudes estará aberto entre o 27 de maio e o 23 de xuño. As familias interesadas, deberán cubrir o formulario que se habilitará na web do concello e entregalo presencialmente ou mediante o rexistro telemático. Para entregalo de maneira presencial no rexistro do Concello será preciso solicitar cita previa no 010.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo