" />

Recital de poesía para honrar a Manuel María no Salón de Plenos do Concello

A concelleira de Cultura Carme Basadre inaugurou hoxe o acto do Día das Letras Galegas organizado polo concello no salón de plenos, ao que tamén asistiron os  membros da oposición, Enrique Rozas do PP, os concelleiros de Lugonovo, Cristina Herraiz e Santiago Fernández Rocha e o concelleiro de ACE Carlos Portomeñe.

No acto interviñeron unha ducia de poetas que realizaron dúas quendas cada seu. Na primeira leron poemas dedicados a Manuel María a quen se lle dedica o Día das Letras  e na segunda versos escritos polo autor da Terra Chá.

Ao acto asistiron ademais unhas corenta persoas que aplaudiron a cada intervinte a medida que foron recitando os poemas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo