" />

Remata a primeira edición da iniciativa EnRedando co Galego

O Tenente Alcalde, Rubén Arroxo, participou xunto co concelleiro de Educación, Felipe Rivas, na gala final da primeira edición da iniciativa EnRedando co Galego, que se levou a cabo durante os meses de abril e maio e contou coa participación de estudantes dos IES Muralla Romana e Leiras Pulpeiro. Arroxo explicou que “con esta iniciativa queremos promover o uso do galego entre a mocidade, e promover a creación literaria e artística a través da lingua”.

As rapazas e rapaces participantes puideron desfrutar dunha xornada festiva presentada por Lois Pérez, e que contou coa actuación musical de Verto, un proxecto musical en galego que está a ter unha gran aceptación entre a mocidade galega.

Na gala celebrada hoxe, a mocidade participante ralizou un intercambio de experiencias, e recibiron un agasallo pola súa participación, ademais de participar no sorteo de agasallos de material electrónico e lotes de libros.

Durante 21 días, as estudantes participantes puideron escoller dúas experiencias distintas: unha inmersión lingüística, compartindo nas redes sociais as súas reflexións sobre o proceso ou unha experiencia de creación literaria e artística, na que crearon obras literarias en galego en formato escrito e dixital, que foron enviadas á Escola de Escritoras e Escritores da AELG.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo