" />

Remata o prazo para participar no XXI Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo

O vindeiro venres, 20 de novembro, remata o prazo para participar no XXI Certame de contos e relatos curtos Trapero Pardo organizado polo Concello de Lugo para fomentar a creatividade literaria dos mozos e mozas lucenses. Este concurso literario está dirixido a todos os rapaces e rapazas de 12 a 18 anos de calquera centro educativo da provincia de Lugo de ensino non universitario,

Os traballos, que se presentarán por triplicado e escritos por unha soa cara, enviaranse sen remite á área de Educación, no Centro de Convivencia Uxío Novoneyra ou ao Rexistro Xeral do Concello, indicando no sobre: 21º Certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo e a categoría na que participa, de 12 a 14 anos ou de 15 a 18 anos. Noutro sobre, pechado e baixo o mesmo lema, indicarase o nome, enderezo, idade, teléfono e centro onde estuda o participante. Os contos deberán ser traballos inéditos, escritos en lingua galega e de temática libre. A extensión non pode ser superior a dez páxinas.

Os participantes, que poderán presentar un máximo de tres traballos, dos que só un poderá ser premiado, optarán a premios que ascenden a 200, 100 e 70 euros na categoría de 12 a 14 anos, e a 250, 130 e 100 euros para os de 15 a 18 anos. Todos os gañadores recibirán ademais un diploma e un lote de libros.

A resolución do xurado, que estará integrado por diversas persoas que desenvolven o seu labor no campo da cultura e da educación, farase pública no mes de decembro. Os contos premiados quedarán a disposición do Concello de Lugo, que poderá publicalos ou facer o uso deles que estime conveniente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo