" />

Remata o programa Lugo móvese cos maiores

A Praza da Milagrosa, acollía esta semana a  xornada de clausura que puxo o broche de ouro ao programa de envellecemento activo ‘Lugo móvese cos maiores’, unha iniciativa da que se beneficiaron durante este verán máis de 2.200 maiores da cidade.

Desde o pasado mes de maio, catro días á semana, as persoas participantes tiveron a oportunidade de asistir a clases guiadas de ximnasia nas que puideron traballar todas as partes do corpo. Sesións que comezaron cun quecemento, para despois continuar a realizar  exercicios de cardio adaptados ás particularidades de cada persoa.

Tras esta clausura, a alcaldesa, Lara Méndez,  anunciou que ten previsto retomar esta iniciativa o vindeiro ano, poñendo así novamente ao dispor do colectivo os medios para que poidan realizar semanalmente, e guiados por profesionais, deporte e exercicio moderado, actividades que lles permitan manter unha boa forma física nesta importante etapa das súas vidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo