Renovación do convenio entre Alcer-Lugo e a Xunta de Galicia

José Manuel Balseiro delegado da Xunta de Galicia na nosa provincia, deu conta hoxe do acordo polo que a Consellería de Sanidade, a través do Servizo Galego de Saúde, renova o convenio de colaboración con Alcer-Lugo para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodiálise na provincia de Lugo, achegando un investimento de 634.700 euros.

No acto participaron tamén, en representación da entidade, a presidenta María José Otero e María Jesús Díaz, que explicaron en detalle en que consiste este servizo que utilizan arredor de 200 docentes cada mes, distribuídos en máis de 50 rutas -entre 50 e 60 segundo os meses- cubertas por 24 taxis que en conxunto traballan neste cometido todos os días da semana, agás os domingos, tanto pola mañá como pola tarde.

Os usuarios son trasladados a distintos centros sanitarios de referencia para o tratamento de hemodiálise: O 63% a Lugo capital, o 21,5% a Burela -neste caso todos ao hospital da Costa- e o 15,5% a Monforte de Lemos.

Balseiro lembrou que a Xunta apoia outros proxectos de Alcer e fixo especial referencia ao programa “Medro con Alcer”, dirixido a ofrecer unha atención de calidade e o máis especializada posible ás nenas e nenos con doenzas do ril.         A consellería de Política Social asinou hai dúas semanas un convenio de ámbito autonómico coa entidade para garantir a continuidade deste proxecto, incrementando a súa achega nun 28% con respecto ao ano pasado, ata chegar aos 27.000 euros.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com