" />

Repunta o número de casos activos de Covid-19 na área sanitaria de Lugo

Continúa aumentando o número de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo con 33 casos máis nas últimas 24 horas, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que sitúan os casos activos na provincia de Lugo en 483

En canto ao total de casos en Galicia tamén aumentan en 169, e sitúase en 5.101; deles 852 son da área da Coruña, 483 da de Lugo, 1.516 da de Ourense, 475 da de Pontevedra, 791 da área de Vigo, 762 da de Santiago, e 222 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 266 en unidades de hospitalización e 4.789 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 23.578 persoas curadas, rexistrándose 822 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 592.162.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo