" />

Repunte de casos activos de Covid 19 na provincia de Lugo esta fin de semana con 35 positivos detectados dende o sábado

 

A provincia continúa co baile de cifras en torno á Covid. Se ben durante a fin de semana o número de infeccións activas situouse moi por riba das da pasada semana, o certo é que hoxe, podemos dicir que volve descender este baremo pero aínda queda por riba do número de casos activos que se rexistraban o venres. 

Así, o último informe do SERGAS con datos recabados ata as 6 da tarde de onte revelou un total de 157 casos activos, 9 máis que o venres pero 3 menos que o sábado, día no que se deu unha gran suba de casos na que se chegou ata as 160 persoas infectadas. 

Doutra banda, no relativo aos positivos detectados, nas últimas 24 horas rexistraronse 6 novos contaxios, moi por baixo dos detectados nas dúas xornadas anteriores. O sábado as probas diagnósticas realizadas revelaban 18 positivos novos e o domingo, xa descendía este baremo ata ás 11 persoas que resultaban positivo en covid 19. 

En canto a presión asistencial, durante a fin de semana tan só se rexistraban 7 persoas ingresadas mentres que no día de hoxe subía ata as 8, catro delas na UCI (unha máis que na fin de semana) e as outras 4 en planta. Todas elas no Hospital Lucus Augusti.

Cambios nas restricións por concellos

E no día de hoxe volve a haber cambios nas limitacións que a Xunta impon por Concellos. Así, desde esta madrugada, Rábade descendeu ao nivel medio de restricións, logo de permanecer unha semana no alto. Pola contra, Barreiros, que ata este momento se atopaba no nivel máis baixo de restricións, subía hoxe ata o alto, logo dun cribado que revelou unha suba da incidencia acumulada.

Por último, a Pobra do Brollón que leva semanas en nivel alto de limitacións, continuará coas mesmas medidas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo