Repunte de contaxios nunha xornada na que só as altas axudan ao descenso de casos

Gran descenso do número de infeccións activas na provincia que hoxe se sitúan nas 1514, 127 casos menos que na xornada anterior. Así o revelou o informe do SERGAS con datos recabados ata as 18 horas do día de onte. 

Neste informe, ademáis, pódese apreciar como este número certamente é máis baixo grazas ás preto de duascentas altas recibidas por pacientes infectados de covid que salvaron este descenso logo dun repunte importante no número de contaxios. 

Así, na xornada de onte o SERGAS contabilizou ata 71 positivos novos, 23 máis que na xornada do martes e 30 máis que o luns. Malia que non é excesivamente preocupante este aumento, dado que hacia os finais de semana sempre se dan aumentos nos contaxios, o certo é que, esta suba de novos positivos vese reflexada tamén nun lixeiro aumento da presión asistencial.

71 persoas están nestes intres ingresadas en plantas de hospitalización, 5 máis que na xornada anterior, pola contra a UCI descende os dous casos que subira no día de onte e suma un total de 26 pacientes covid. 

Por hospitais, o HULA rexistra 42 pacientes en planta e 25 na UCI, algúns deles procedentes da área sanitaria de Ferrol. O Hospital de Monforte que continúa sen pacientes covid na UCI, segue a rexistrar os mesmos 20 casos en planta que en días anteriores. Pola súa banda, o Hospital da Costa, cunha persoa na UCI, hoxe amencía con 9 pacientes covid en planta de hospitalización. 

Con todo, hoxe hai que lamentar un novo falecemento, o de un home de 82 anos de idade que finaba no Hospital da Costa. En total, dende que comezou a crise sanitaria, na provincia de Lugo faleceron xa 185 persoas polo virus, 197 se contabilizamos os lugueses que finaron noutras provincias logo de seren trasladados. 

Por último, para dar un dato algo máis positivo, non podemos deixar de celebrar ás 9384 persoas que xa superaron a enfermidade.

E noutro senso, un laboratorio lucense vén de determinar que un 13% dos positivos covid das mostras galegas que analiza nas súas instalacións son da chamada cepa británica. Aínda que a presenza, polo momento é escasa, o certo é que dende o laboratorio  aseguran que o crecemento é evidente pois hai un mes, advirten, a cepa británica só ocupaba o 2 % do total de mostras covid.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com