" />

Repunte nos contaxios e 169 infeccións activas: así entra Lugo nos festivos da Semana Santa

Un caso activo máis que onte e 10 positivos detectados nas últimas horas. Esa é a radiografía covid que presenta a provincia de Lugo na véspera dos festivos.

En total, no día de hoxe as infeccións activas sitúanse en 169, unha máis que no último informe do SERGAS, malia que podemos dicir que continúa estable. Pola contra aumenta en gran medida o número de positivos detectados con respecto á xornada anterior e é que Sanidade vén de informar de 10 novos positivos detectados durante o día de onte o que supón 7 casos máis que na xornada anterior na que se detectaron tan só 3 positivos. 

Con todo, non son malas novas pois é unha variación pequena e que tende a darse hacia mediados e finais de semana. Máis boas novas en relación á Covid, son as relacionadas coa presión asistencial que volve experimentar un descenso, eso si, moi leve. 

O hospital da Costa queda, por primeira vez en semanas sen casos covid, mentres que o HULA permanece con 8 pacientes en planta e o Hospital Comarcal de Monforte hoxe rexistra  tan só 2 casos Covid. Na UCI do Lucus Augusti recupéranse hoxe dúas persoas. 

En total dende o comezo da pandemia, na nosa provincia faleceron 211 persoas, e recuperáronse da enfermidade 11661.

Esta semana o foco principal estaba posto no mantemento do número de casos dada a repercusión que podería ter un aumento trala semana santa. Así, no día de onte reuniuse de novo o comité clínico para valorar a incidencia acumulada en cada concello e considerar o cambio de restricións en casos de melloría ou empeoramento. Así, dende o venres, Rábade e A Pobra do Brollón entrarán no nivel alto de limitacións no que permanecerá tamén o Saviñao. Outro cambio, esta vez para mellor, terano os concellos de Pantón e Sober que irán do nivel medio ao máis baixo de restricións tras presentar no día de onte unha lixeira melloría. 

O resto de concellos da provincia quedarán no nivel máis baixo de limitacións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo