Resolto o Ben Empregado coa inserción laboral de 248 desempregados lucenses

A Deputación Provincial de Lugo, que preside José Ramón Gómez Besteiro, resolveu esta mañá en Xunta de Goberno o Ben Empregado 1. Este proxecto de fomento do emprego fixo que 248 desempregados lucenses acadaran un posto de traballo grazas a que o organismo provincial subvencionou a contratación de ditos traballadores durante un ano por un importe total de 4,4 millóns de euros.

O voceiro provincial socialista en funcións, Manuel Martínez, adiantou este venres na rolda de prensa posterior á xunta de goberno da deputación que “o vindeiro luns 1 de xuño, outros 76 lucenses desempregados, xunto con representantes das 47 empresas e entidades sen ánimo de lucro da provincia, asistirán a unha xornada formativa no Salón de Actos da Deputación”.

O ente provincial está inmerso nestes intres no desenvolvemento do Ben Empregado 2, a segunda edición deste proxecto que dará emprego de calidade a outros 350 lucenses. Neste caso, o organismo aportou a este novo proxecto a cantidade de 6 millóns de euros.

O voceiro informou que neste momento estanse a avaliar as solicitudes presentadas polas máis de 1.700 entidades e asociacións sen ánimo de lucro da provincia que participaron neste segundo planoAsemade avaliaranse os perfís dos traballadores que solicitaron estes postos de traballo. Unha vez celebrados os procesos públicos de selección, tanto das empresas como dos traballadores, daranse a coñecer aqueles que resulten seleccionados.

Este programa de fomento de emprego fora unha das propostas que solicitaran os veciños nos Orzamentos Participativos da Deputación preocupados polo alto índice de persoas sen traballo que hai na provincia.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com