" />

Retirados os puntais interiores do Colexio Frei Luís de Granada, en Sarria

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional está a retirar os puntais interiores do colexio Frei Luís de Granada, en Sarria, e deixará os exteriores “só como medida preventiva”. A previsión é rematar esta tarefa hoxe mesmo.

O delegado territorial de Lugo, José Manuel Balseiro, confía en que a medida devolva a normalidade ao centro escolar xa que, afirma, “as fisuras son leves e non supoñen un perigo que poida derivar no colapso da estrutura”. Así o confirman os técnicos da Consellería e da empresa que está a avaliar as causas, consecuencias e posibles solucións ao problema.

Os técnicos explican que as gretas débense basicamente á propia concepción estrutural do centro -con luces moi importantes e un tabique divisorio perpendicular no centro do vano-, que unida aos cambios de temperatura produce dilatacións e contraccións que afectan sobre todo ao citado tabique central e outros atados a el.

Balseiro asegurou que nun primeiro momento vanse realizar pequenas obras na fachada, e estase elaborando un estudo en profundidade para “acometer as actuacións que sexan necesarias para atallar o problema”. Indica que a decisión de instalar os puntais no colexio foi tomada “por unha mera cuestión de prudencia en tanto se recababan todos os datos que permitiran valorar a situación”.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Avatar
    Mari Dominguez
    Xan 22, 2020 - 06:00 PM

    Tocaron o nariz, arranxouse so! 😣

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo