" />

Rivera Capón entrega os premios do VII Concurso Lucus Intercentros

O Deputado de Deportes e Mocidade, Pablo Rivera Capón, participou esta mañá na entrega de premios do VII Concurso Lucus Intercentros do IES Muralla Romana, unha xornada lúdica que forma parte da formación dos estudantes de Asistencia á Dirección na organización de eventos e actos públicos do centro lucense. O Goberno da Deputación colabora con esta iniciativa a través da Fundación TIC que se encargou da retransmisión en directo do Concurso.

Ademais, os estudantes da Escola de Imaxe e Son editarán un DVD co material gravado co fin de contribuír á difusión desta actividade. A cita, que celebra a súa sétima edición, está organizada polos alumnos de Administración e Xestión do IES Muralla Romana, coa axuda da Escola de Imaxe e Son de Lugo (EIS), da Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o departamento de Informática do CIFP Politécnico de Lugo. Esta sétima edición do certame reuniu a alumnos e profesores dos institutos de Educación Secundaria públicos de Lugo: Anxel Fole, Lucus Augusti, Nosa Señora dos Ollos Grandes, Xoan Montes, Leiras Pulpeiro, San Xillao e Muralla Romana.

Ao longo da mañá disputáronse distintas probas eliminatorias ás que se enfrontaron os equipos participantes. Os alumnos sometéronse en cada unha delas a dez preguntas tipo test elaboradas por profesores das distintas áreas do instituto anfitrión.

Dez alumnos e alumnas de segundo curso de Realización Audiovisual da Escola da TIC, baixo a supervisión dun docente, encargáronse da transmisión en streaming. Os estudantes rotaron entre os postos de realizador, mesturador, son e cámara, permitindo así que todos teñan as mesmas oportunidades de aprendizaxe. Esta foi a primeira experiencia cunha práctica fóra das instalacións da Escola este ano. Poderán repetir esta oportunidade no Campionato Internacional de Baristas que se celebra dentro dun mes no Concello de Foz.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo