Asociación de Veciños de Lugo

Ronda Leste de Lugo

O próximo 23 de decembro, hai 8 anos que a Consellería de Infraestruturas licitou o proxecto de trazado e construción da obra, para a Rolda Este de Lugo no seu tramo II, de LU-530 a N-VI (estrada de A Fonsagrada a Nacional VI zona de tolda de Castela). Esta licitación do 18 de Decembro de 2009, foi publicada no DOGA, no BOE de data 23 de decembro de 2009 e no Diario Oficial da Unión Europea do 18 de Decembro de 2009, con data límite para a presentación de ofertas de participación ata o 26 de xaneiro de 2010 e con data de apertura de plicas o 15 de febreiro de 2010, por un importe de 245.931,35 euros. É obvia a importancia desta tramo de rolda Exterior da cidade de Lugo, por ser un referente necesario nas comunicacións de Zona Sur e Leste da provincia de Lugo, co seu Hospital de referencia o HULA, xa que os usuarios teóricos, usan ata o momento unha vía que transcorre por unha zona de lecer de alta ocupación (Parque do Rio Rato) que non dispón da seguridade necesaria para prestar este servizo, outros tamén alternan coa Avda. de As Fontiñas, unha vía urbana que pola súa lonxitude e densidade de vivendas, áchase amplamente saturada e conta cunha alta cota de accidentes. A Federación Provincial de Asociacións de Veciños, á vista da situación de parálise do proxecto da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia para esta obra, pedimos celeridade á Conselleira na entrevista persoal mantida en Lugo o 25 de abril de 2016 e posteriormente en e-mail de datas 30 de Agosto de 2016 e 22 de decembro de 2017; onde requiriamos o inicio das obras.

Ata a data non recibimos ningunha resposta, polo que agora desde esta Federación, solicitamos se nos déa o nome do Adxudicatario e datas previstas para desenvolver esta infraestrutura e información da actualización orzamentaria, xa que Lugo non pode permitirse manter gardado nun caixón un proxecto aprobado e teoricamente coa adxudicación comprometida. Remitirase este escrito á Conselleira de Infraestruturas e ao Delegado Territorial da Xunta en Lugo.

 

Comisión Permanente da Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com