" />
Concelleiros do BNG

Arroxo propón un cronómetro de conta-atrás no semáforo da Rolda con Montevideo

O voceiro do BNG – Asembleas Abertas, Rubén Arroxo, trasladaralle unha proposta ao goberno municipal pedindo a colocación dun cronómetro de conta atrás no semáforo que controla o paso de vehículos na confluencia da ronda coa Porta do Hospital. Rubén Arroxo explicou que a existencia do foto-vermello que sanciona, de xeito automático, aos vehículos que traspasan o semáforo en vermello provoca freadas bruscas dalgúns condutores “isto supón un perigo de accidentes que se pode evitar facilmente coa instalación dun dispositivo que indique o tempo que resta para que o peche do semáforo”.

 O BNG – Asembleas Abertas presentará esta proposta neste momento por que “entendemos que agora é o momento xa que se están rematando as obras e reasfaltado neste tramo da ronda”. “Igual que se instalaron cronómetros de conta-atrás nos semáforos para peóns deberíase instalar un para os coches agora que se están rematando obras nesta zona da ronda” dixo Arroxo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo