" />

Saneamento rural de Lugo, cero euros

A Federación Provincial de Asociacións de Veciños de Lugo “Lucus Augusti”, leva un tempo propoñendo ao Goberno da Xunta de Galicia, un convenio co Concello de Lugo para avanzar no saneamento Rural do municipio que ata a data só ten saneado un 15 % do seu territorio, os núcleos de Pías, Parte de Coeses e Louzaneta e esta con proxecto Orbazai e en fases previas outros núcleos.
Por iso e na fase previa á aprobación de orzamentos autonómicos, pedimos que a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e o ente Augas de Galicia, asine un convenio co Concello de Lugo, onde a Xunta aportase un 70 % e o Concello de Lugo un 30 % do costo nun Plan Plurianual ata o saneamento total do municipio. Temos que decatarnos que o Concello de Lugo con 53 parroquias rurais, non é capaz polos seus medios de soportar o custo económico para liquidalo e isto non pode continuar alargándose por máis tempo, cando no rural de Lugo, viven arredor de 9.000 persoas e que só 1.000 dispoñen a día de hoxe de saneamento, o resto verte a fosas sépticas. A Xunta de Galicia aportou CERO Euros para o ano 2017, co cal continuamos igual que anos atrás.
Como xustificamos que a Xunta debe aportar o 70 % do orzamento?, xustificámolo no sentido de dicir que os cidadáns de Lugo a través do recibo de auga, lixo e saneamento estamos aportado, máis de 1.500.000 Euros anuais polo concepto saneamento que recada o Concello e ingresa anualmente nas arcas da Xunta. Non recibimos nada a cambio ata a data nin coñecemos a onde vai parar o pago por devandita taxa.
Tamén desde a Federación damos unha orde preferente de por onde deben de ir os avances do saneamento: Proximidade á cidade, a centros sanitarios (vexamos un exemplo de área non saneada no Hospital de Calde), proximidade a polígonos industriais e Centros Escolares.
A Federación de Asociacións de Veciños que non quere que isto se quede no esquecemento, promoverá unha nova Plataforma que baixo o lema LUGO RURAL, encargarase de manter vivo o espírito desta demanda e outras sucesivas no medio rural.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo