" />

Santiago Fernández Rocha renunciará a súa acta como edil no Concello de Lugo

O voceiro de Lugonovo, Santiago Fernández Rocha, renunciará a partir de finais deste mes á súa acta como edil no Concello de Lugo debido ao cansancio acumulado tras “un duro traballo de formación do partido”.

A decisión, xa meditada polo voceiro, foi presentada onte nunha reunión coa coordinadora do seu partido, na que Fernández Rocha plantexou que se iba debido ao cansancio acumulado polo concelleiro e o “desgaste importante”. Pese a que se falou en numerosas publicacións das discrepancias dentro de Lugonovo no apoio aos orzamentos do Concello, o voceiro indicou que “non son o motivo principal xa que nunha organización con tantas e tan diferentes sensibilidades, encontrar un espacio de confluencia non sempre e sinxelo e desgasta”.

Segundo puido saber a Xornal de Lugo, todo parece indicar que o candidato a ocupar o lugar de Fernández Rocha podería ser Xabier Villares, quinto nas listas do partido e irmán de Luis Villares, portavoz de EnMarea por Lugo no Parlamento galego, xa que a persoa que ía cuarta na lista no tería intención de ir ao concello. 

O voceiro asegurou que continuará no concello ata que a coordinadora do seu partido elixa un novo voceiro, que previsiblemente puidera ser a seguinte nas listas, Cristina Pérez Herráiz. Fernández Rocha deixará o seu sillón no Pleno para volver a adicarse ás súas labores como profesor no colexio de Abadín.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo