" />

Santiago Fernández Rocha será o candidato da plataforma Lugonovo

A plataforma cidadá Lugonovo conta dende onte con Santiago Fernández Rocha como cabeza de lista de cara ás vindeiras eleccións municipais.  Logo da votación feita a traveso de Internet, Fernández Rocha acadou o 78% dos votos emitidos, mentres o outro candidato, Xohán Rompe obtivo o 22%.

Nos vindeiros días presentarase a lista definitiva das persoas que o acompañarán na candidatura. Fernández Rocha é mestre en Abadín e xa formou parte no pasado do CDS, partido fundado polo ex-presidente Adolfo Suárez. A vindeira semana poderán coñecer máis a fondo as propostas da plataforma Lugonovo, a traveso da entrevista que concederá a Radio Líder Lugo, e que se poderá visualizar a partires do vindeiro luns 6 de abril no diario dixital XornaldeLugo.com.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo