Santín rodéase dun “extraordinario equipo” e aposta por “políticas activas” para Cervantes

Javier Santín concorre ás municipais “cun extraordinario equipo” para gobernar e abandonar “as políticas pasivas” dos actuais dirixentes. Así o considerou o propio alcaldable do PP ao Concello de Cervantes afirmando que se trata da candidatura “idónea”, pois “nela se inclúen todas as sensibilidades” ao repetir o anterior candidato e outros membros que xa foron na lista das pasadas municipais.

“Somos un equipo unido, xove e con moita ilusión e gañas de traballar para dar un valor engadido ao noso concello. Creo que chegou o momento do cambio e estamos á altura de conseguilo”, matizou.

Deste xeito, o cabeza de lista dos populares adianta que apostarán por “políticas activas”  para que os mozos teñan oportunidades de desenvolver a súa vida na localidade, con actividades dirixidas a eles, axudas para que poidan emprender; todo elo, apunta, sen descoitar á xente maior e ás principais asociacións de veciños, de caza, comunidades de montes, etc.

Asemade, o alcaldable comprométese a ser “interlocutor directo” coa administración autonómica para acadar un “maior alixeiramento das restricións medioambientais” que lle afectan a este municipio, co fin de favorecer o desenvolvemento local. En materia de turismo, considera que o Concello ten que dar un “forte pulo” neste senso, de cara a impulsar á publicidade do territorio e dos seus recursos paisaxísticos e culturais, así como dende o punto de vista de prestar asesoramento aos negocios existentes.

Os populares tamén prestarán unha especial atención ao sector agrogandeiro, xa que nesta localidade é a actividade que máis predomina.

A lista

  1. Javier Santín
  2. Marcos Rodríguez Santín
  3. Manuel González López
  4. Óscar Fernández Gómez
  5. Mayra Digón Valcarce
  6. Fermín Rodríguez López
  7. Manuel Antonio López Digón
  8. Javier González Méndez
  9. José López Fernández

Suplentes
1.Carlos González Méndez
2. Fidel Trabado Pérez
3. Óscar López Valcarce

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo