" />

Sarria celebra esta fin de semana o “I Folk no Camiño Fest”

Folk no Camiño Fest é un festival que nace con vocación  de permanencia e que amosará durante tres días, 22,23 e 24 de xullo,  os últimos traballos discográficos dos grupos e artistas  máis sobranceiros da música folk e celta das cinco  autonomías que estarán presentes nesta primeira edición: Euskadi, Cataluña, Cantabria, Canarias e Galicia.

Folk no Camiño Fest terá lugar na praza da Vila de Sarria. Nesta primeira edición actuarán en directo cinco grupos que están percorrendo o Estado Español baixo a denominación de IBERIAN ROOTS.

O venres 22 inauguran o festival os cataláns ROS ás 23:30h

O sábado 23 e a partir das 23:00h os canarios MIGUEL AFONSO GRUPO e o grupo de música galega BRATH.

Pecharan o festival o domingo 24, o cántabro MANUEL LUNA Y BRENA e os vascos KORRONTZI.

FOLK NO CAMIÑO FEST está patrocinado polo Concello de Sarria e a Xunta de Galicia a través de Xacobeo 21-22.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo