" />

Sarria potencia o Camiño Francés con nova sinalización, actuacións musicais e atención turística

A Alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez, xunto ao Secretario Xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero e outros membros do PSOE sarrián, fixeron hoxe un treito do Camiño Francés ao seu paso por este municipio. López Yáñez informou sobre as actuacións levadas a cabo dende o Concello e con axuda da Deputación para potenciar o Camiño “un dos piares económicos de Sarria do que nos sentimos moi orgullosos”.

A Alcaldesa explicou que se instalou nova sinalización, como as letras do Concello, se organizaron diferentes actividades, como as musicais da iniciativa O vermú do Camiño, ou se reforzou a atención turística, incorporando en marzo un profesional á Oficina de Turismo coa axuda económica da Deputación, entre outras iniciativas.

“Cada ano contamos con máis peregrinos que se animan a facer os 115 quilómetros que separan o noso Concello con Santiago de Compostela, posto que é un dos itinerarios máis populares e coñecidos do Camiño. Dende o Goberno Municipal somos conscientes de que o Camiño é o motor económico de Sarria, por iso desenvolvemos actuacións na súa posta en valor, contando sempre coa axuda dos compañeiros no Goberno Provincial da Deputación”.

Durante o percorrido, os socialistas pasaron pola Casa do Marqués que rehabilitou o Goberno Socialista Municipal para situar o Centro de Información da Muller (CIM) e a Casa da Ulloa que tamén se acondicionará para trasladar a este inmoble os servizos sociais do Concello. Todas estas actuacións contan coa colaboración económica do Executivo Provincial na Deputación.

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. David Rodriguez
    David Rodriguez
    Abr 02, 2019 - 08:11 PM

    E a ponte para cando?

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo