" />

Seguen a baixar os casos activos por Coronavirus en Lugo

A cifra de casos activos volveu baixar na Área de Lugo, dous menos que onte, e tamén por primeira vez en semanas a incidencia de novos casos tamén baixa, polo que a cifra de activos é de 460 na nosa provincia.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.474, deles 766 son da área da Coruña, 1.512 da de Ourense, 511 da de Pontevedra, 467 da área de Vigo, 621 da de Santiago, e 137 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 39 están en UCI, 198 en unidades de hospitalización e 4.237 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 21.924 persoas curadas, rexistrándose 786 falecementos. Nás últimas horas produciuse un novo falecemento en centros hospitalarios. Trátase dunha muller de 94 anos falecida no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense. A falecida presentaba patoloxías previas.

O número de PCR realizadas é de 553.544.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo