" />

Seguen baixando os infectados por Covid-19 na Área de Lugo

Un día máis os infectados polo andazo seguen reducíndose  en Lugo e provincia. Nas últimas vintecatro horas a cifra baixou de 49 a 44, é dicir 5 casos menos. De continuar esta progresión, nos próximos días podería quedar unha cifra residual de infectados, o que fará que nos vaiamos olvidando deste meses de confinamento. Do que si, non nos debemos de esquecer é  de seguir cumprindo as normas que indican as autoridades sanitarias.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta, informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 749, deles 170 son da área da Coruña, 82 da de Ourense, 29 da de Pontevedra, 269 da área de Vigo, 136 da de Santiago, e 19 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 permanecen en UCI, 36 están en unidades de hospitalización e 710 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 9.936 persoas curadas, rexistrándose 615 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 141.331.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo