" />

Segundo día consecutivo de descenso de casos activos de Covid na provincia

O coronavirus continúa a baixar as súas cifras. Hoxe, segundo día consecutivo de descenso de casos activos, o Sergas informa de 60 casos novos confirmados por PCR nas últimas horas. E que sitúan o número de casos activos en 1.116, 11 menos que no día de onte. 

Aínda que o descenso de casos é notable, a presión hospitalaria continúa en aumento. Así, nos datos recollidos ata as 6 da tarde de onte, rexistraronse un total de 54 persoas ingresadas, sete máis que o sábado e tan só catro na UCI.

Asemade, durante a fin de semana se deu conta de dous novos falecementos causados polla Covid, un o venres e outro o sábado ambos procedentes da residencia de San Cibrao. Trátase de dúas anciás de 92 e 89 anos que estaban ingresadas no Hospital da Costa. Con elas, suman xa 104 as vidas sesgadas polo virus. 

A nota positiva non deixan de ser as preto de 3.800 persoas curadas dende que comezou a pandemia.

En canto ao semaforo COVID, durante a fin de semana se rexistraron algúns cambios. Así, o condello das Nogais retrocedeu ata o nivel 0, ou verde; deixando no nivel amarelo aos municipios de Outeiro de Rei, Monterroso, Xove, PEdrafita do Cebreiro, Palas de Rei, Castroverte, O Corgo e Guntín. En nivel laranxa, entran esta semana Monforte (que descende o seu número de casos) e Sarria que os aumenta. E, por último, no maior nivel de alerta, o vermello, continúan Cervo, Viveiro, Burela e lugo, aos que se lles suman Chantada e Vilalba.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo