O Sergas deberá indemnizar en 20.000 a un home que perdeu un testículo tras unha operación

A Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sentenzou hoxe a condena ao Sergas que deberá indemnizar en 20.000 euros a un home que perdeu un testículo tras ser operado dunha hernia inguinal no Hospital Lucus Augusti (HULA) de Lugo. A Sala entende que non quedado acreditado “que no seguimento do postoperatorio se abordase a sintomatoloxía que presentaba o paciente de modo correcto”.

Os feitos tiveron lugar o pasado 6 de marzo de 2013 cando o afectado acudiu ao Hula para realizarse unha cirurxía maior ambulatoria, para retirarse unha hernia hinguinal. Ese mesmo día déronlle a alta no centro. Como é habitual por protocolo médico, ao día seguinte da operación o propio centro chama ao paciente para ver o estado da cirurxía e este refire febre e dor, para o que lle receitan analxésicos e lle recomendan que acuda a Urxencias se lle incrementa a temperatura.

Tres días despois, o paciente acude ao Centro de Saúde de Palas de Rei onde lle recetan antibióticos. O día 14, seguindo con dor e febre, o afectado acude ao Centro de Saúde de Monterroso, onde o mandan a Urxencias. Ese mesmo día ingresa no Servizo de Urxencias do Hula onde lle realizan unha exploración quirúruxica e comproban a falta de fluxo sanguíneo, polo que se ven na obriga de practicar unha orquiectomía. Catro días despois é dado de alta.

O TSXG acepta o recurso presentado polo afectado considerando que a cirurxía non foi limpa porque ao paciente non se lle deixou un sistema de drenaxe nin se lle mantivo en observación as 24 primeira horas. Polo que estima que o Sevizo Galego de Saúde debe indemnizar con 20.000 euros ao paciente.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com