Sete autonomías danse cita en Mondoñedo no Campionato Nacional de TPV en Espeleoloxía

Galicia acolle, por primeira vez na historia, un Campionato Nacional de Técnicas de Progresión Vertical (TPV) en Espeleoloxía, que se desenrolará esta fin de semana no pavillón de deportes de Mondoñedo e ao que xa se inscribiron participantes de sete comunidades autónomas.

O Concello mindoniense convértese así no punto neurálxico da Espeleoloxía no Estado ao colaborar neste evento organizado pola Federación Española desta ciencia convertida en deporte (FGE), en nome da Confederación de Espeleoloxía e Cañóns (CEC), parte da cal patrocina a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.

Ata a localidade mariñá chegan hoxe os mellores deportistas españois, representando a Galicia, Comunidade Valenciana, La Rioja, Cataluña, Comunidade de Madrid, Navarra e Castilla-La Mancha, con idades comprendidas entre os 9 e os 69 anos e que amosarán as súas destrezas nas categorías alevín, infantil, xuvenil, maior e veterano.

Mulleres e homes competirán nas respectivas probas entre as que destacan: Velocidade, Técnica Vertical, Circuito de progresión vertical de parede, Circuito equipos e Auto socorro. Para elo, a dirección e varios ténicos deportivos da Escola Galega de Espeleoloxía instalaron un circuito nunha das paredes interiores do pavillón, onde se levará a cabo esta actividade.

A entrada a este evento é de balde e a competición está prevista que teña lugar ao longo do sábado, 12 de outubro, dende as 10 de mañá, cun descanso para comer rematando pola tarde.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo