Sete empresas presentan ofertas para os estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal

Un total de sete empresas presentaron as súas ofertas para a elaboración dos estudos previos da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo. A Xunta invistirá uns 75.000 euros nestas análises que estarán rematadas no verán, polo que a principios do 2018 xa estarían definidas as necesidades para comezar a elaborar o seu encaixe arquitectónico e administrativo.

Estes estudos definen ás necesidades actuais e futuras da terminal de autobuses incardinada na estación intermodal de Lugo. As accións comezarán pola localización, analizando os terreos e espazos anexos á actual estación de FFCC e procedendo a un levantamento topográfico; e a continuación, pasarase ao estudo de necesidades, coa cuantificación das dársenas, os servizos a prestar, as plataformas necesarias e os espazos para a maniobrabilidade dos autobuses e aparcadoiro de turismos.

Para levar a cabo estas análises atenderase á normativa vixente, ao contrato de concesión da actual estación de buses e analizaranse as empresas, autobuses, liñas, horarios, tempos e frecuencias actuais, segundo informa o goberno galego. Consideraranse diferentes hipóteses como horas punta e preverase unha maior capacidade, considerando futuros incrementos de demanda. Tamén se analizará o impacto sobre a contorna e a poboación da área metropolitana: número actual e futuro de usuarios, pautas de mobilidade ou perspectivas de usos futuros.

A última fase do estudo comprenderá a avaliación das liñas, do viario e o tráfico, cunha proposta de itinerarios de penetración e puntos de parada dentro do termo municipal, cunha análise de tempos e planos de cada proposta de reordenación de liñas. Estes traballos contemplarán un estudo da capacidade xeométrica do viario nas  nas proximidades da intermodal, así como unha análise da súa incidencia sobre o tráfico no centro urbano, considerando a reordenación de liñas e o aumento da circulación de autobuses interurbanos e urbanos, con alternativas de percorrido se fosen precisas.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com