Un total de sete persoas foron detidas ou investigadas polas forzas e corpos de seguridade do Estado por incendios forestais na provincia de Lugo. En Galicia suman 30 as investigación ou detencións, sendo xullo o mes onde máis persoas se viron implicadas.
A Subdelegación do Goberno fai un chamamento “a extremar as precaucións no monte, en especial nesta época de calor extremo e de escasez de chuvias”. “E cando alguen vexa un imprudente ou un incendiario, que avise á Garda Civil ou á Policía, que denuncie. A colaboración cidadá nestes momentos é crucial”.