Si, hai saída aclara a súa postura respecto as xuntanzas cos diferentes partidos políticos

Desde a asociación Si, hai saída contra a violencia de xénero, desexamos, en primeiro lugar, manifestar o noso agradecemento as diferentes formacións políticas que nos están a solicitar xuntanzas por mor das Eleccións Municipais.

É moi importante para un colectivo como o noso, en contacto diario coas vítimas de violencia de xénero, e coñecendo, porén, os enormes atrancos cos que se atopan cando tentan rachar coa súa tremenda situación, que os grupos políticos e as persoas que aspiran a chegar a dirixir o noso Concello, profundicen nesta tremenda problemática con quen , como é o caso de Si, hai saída, a coñecemos de primeira man, independentemente, por suposto, de cores políticas, que, ante un feminicidio tan evidente e atroz como o que estamos a sufrir, non deberían existir.

A violencia de xénero é un gravísimo problema social que nos atinxe a todos. Por outra banda, como de todos é sabido, en Si, hai saída sempre, desde o primeiro día que comezamos a nosa traxectoria, apostamos polo diálogo ao que sempre estamos abertos, o que inclúe, por suposto, as diferentes forzas políticas.

Obviamente, isto non quere dicir que compartamos as ideoloxías e as premisas de todos aqueles partidos políticos cos que nos reunimos, máxime se no seu ideario a violencia de xénero non se lle concede a magnitude e a gravidade que ten e que tantas vidas se está a cobrar.

Non obstante, consideramos que a nosa obriga como colectivo que traballamos na procura de tentar arranxar as eivas, ainda moi numerosas, que existen na asistencia, axuda e protección das vítimas de violencia de xénero, así como dos seus fillos, é transmitilas a todo o mundo, pero, especialmente, a todos aqueles que nun futuro poden chegar a ter unha responsabilidade directa neste eido.


Asociación Si, hai saída

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo