Sindicatos convocan folga de funcionarios municipais para a semana que vén

As seccións sindicais da CIG, AFI-USO e AGORA no Concello de Lugo veñen de convocar unha Folga de funcionarios para a semana que vén no Concello de Lugo en rechazo ao proxecto da Relación de Postos de Traballo.

A reinvidicación principal dos sindicatos convocantes é a retirada da RPT na súa redacción actual así como a apertura dun novo período de negociación no que se conte coa presenza de todos os sindicatos con representación nos órganos sindicais. Estas peticións, segundo explican os sindicatos, foron respondidas polo director xeral co relato oficial, reiterando os argumentos do goberno local “sen opción para a máis mínima modificación ou cambio”.

Ademáis, na reunión, os sindicatos estableceron tamén os servizos mínimos para a folga: o director xeral de recursos humanos presentoulles un documento que el mesmo asinou, sen que aparecera no mesmo a conformidade de ningún órgano do goberno local. Segundo os sindicatos, “o texto é abusivo e desproporcionado, ata o punto de que baleira de contido o exercizo do dereito de folga. Trátase dunha proposta pechada sobre a que, como no caso da reinvindicación central da folga, o propio director xeral afirma que non hai posibilidade algunha de negociación”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo