" />

SLG “Medio Rural pon en risco 40 millóns de euros para a loita contra o cambio climático, formación e comercialización no agro”

O Sindicato Labrego Galego vén de rexistrar perante a Xunta de Galicia, un documento no que interpela á Consellería Medio Rural acerca de varias cuestións e deficiencias detectadas no informe anual de execución do Plan de Desenvolvemento Rural 2014-2020 (PDR) correspondente ao ano 2019.

Principalmente, detectamos unha serie de medidas contempladas no PDR que consideramos fundamentais para o desenvolvemento rural e que, despois dun lustro, seguen practicamente sen executar. Estamos a falar de políticas esenciais para o agro como formación, intercambio de coñecementos, asesoramento, mercados de venda directa ou loita contra o cambio climático que, en conxunto, suman fondos que ascenden a preto de 40 millóns de euros que se poderían perder se non se xestionan debidamente. Aseguran dende o SLG.

Segundo sindicato labrego, “hai risco de perder 10 millóns para transferencia de coñecementos; máis de 15 millóns, sen gastar, en asesoramento en xestión e substitución nas explotacións agrarias e outros 12 millóns, tamén sen gastar, para o apoio a mercados locais, loita contra o cambio climático e plan de Xestión Forestal”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo