" />

Só dous novos casos na última actualización da Consellería de Sanidade

Os novos datos comunicados pola Consellería de Sanidade da Xunta, dan un resultado de dous novos casos, o que eleva a cifra en Lugo e provincia dos 97 de onte aos 99 da última actualización de Sanidade.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería tamén informa que o número de casos de coronavirus en Galicia ascende a 1.598. Deles 389 son da área da Coruña, 186 da de Ourense, 202 da de Pontevedra, 396 da área de Vigo, 288 da de Santiago, e 38 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 69 permanecen en UCI, 409 están en unidades de hospitalización e 1.120 no domicilio.

Polo de agora, en Galicia rexistráronse 25 altas de pacientes e 30 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a dous varóns de 82 anos, que estaban ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, e que tiñan patoloxías previas; e a outro varón de 74 anos, que estaba ingresado no Hospital Montecelo de Pontevedra, e que tamén tiña patoloxías previas.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo