Só quedan 20 casos activos por Covid-19 na área de Lugo

Nas últimas 24 horas e segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, na súa última actualización, os casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo é de 20, 1 menos que no día de onte.

En Galicia o número de casos activos de coronavirus  é de 348, 3 menos ca onte. Deles 108 son da área da Coruña, 26 da de Ourense, 8 da de Pontevedra, 140 da área de Vigo, 34 da de Santiago, e 12 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 340 no domicilio. Non hai pacientes positivos en UCI. Polo de agora, en Galicia hai un total de 10.489 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 159.102.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com