Socialistas de Barreiros, Foz e O Vicedo promoven iniciativas para recuperar as bandeiras azuis

Socialistas de Barreiros, Foz e O Vicedo promoven iniciativas nestes Concellos para recuperar as bandeiras azuis nas praias, perdidas con gobernos do Partido Popular. Así o adiantaron este sábado nun acto público en Barreiros, municipio con 8 quilómetros de praias sen ningunha bandeira azul dende 2016 cando o Alcalde do Partido Popular decidiu non solicitalas. O PSOE presenta a maiores neste Concello outra proposta para esixir á Xunta de Galicia axilidade na dotación dunha nova estación depuradora en San Miguel de Reinante, pois dende hai anos prodúcense verquidos contaminantes na praia de Arealonga. Fano logo de conseguir un novo proxecto e coñecer nos últimos días que este por fin está redactado.

O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, lembrou que “hai 6 anos, Barreiros era o Concello da nosa provincia que lideraba o podio das bandeiras azuis, pois tiña 8 e hoxe non conta con ningunha. En Foz, había 7 e hoxe hai 5. O mesmo sucedeu no Vicedo, que pasamos de 2 a 1”. Os socialistas presentan mocións nestes municipios, instando aos Gobernos municipais, os 3 do Partido Popular, a acondicionar os areais para acadar este distintivo, que promove o turismo e garante a calidade dos servizos nas praias.

“É necesario que entender a importancia destes distintivos de calidade para o impulso do turismo en toda a provincia, pois recoñecen a calidade do servizo e é unha das cuestións que os turistas atenden á hora de planificar as vacacións”, destacou Eduardo Vidal Baamonde, Secretario de Promoción do Territorio na Executiva Socialista.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo