Socialistas piden a Feijóo que se implique coa atención ás persoas maiores

O Goberno da Deputación de Lugo levará ao Pleno ordinario convocado para o vindeiro martes unha proposta “para reclamarlle á Xunta que asuma a financiación dos centros de atención a maiores da institución provincial e que os inclúa na súa rede pública de residencias”.

En concreto, propoñen “abrir un proceso de negociación coa Xunta de Galicia, para que asuma, tanto a financiación dos Centros de Atención de Maiores da Deputación de Lugo, como a súa inclusión na Rede Pública de Residencias Autonómica, así como modificar o actual modelo macroresidencial para fortalecer e consolidar unha rede galega de residencias públicas, de pequeno tamaño, que garanta a permanencia dos maiores no seu entorno, mellore a súa atención sociosanitaria, xere emprego de calidade e contribúa a fixar poboación no rural”.

Hai que lembrar que a Deputación de Lugo “leva anos suplindo a inacción da Xunta e facendo un esforzo para achegar servizos sociais públicos, universais e de calidade ós veciños e veciñas da provincia, sobre todo no rural. A institución dedica a políticas sociais que debería atender o goberno autonómico aproximadamente un terzo do seu orzamento, máis de 30 millóns de euros. No que respecta á atención a maiores, ás residencias de Trabada, Ribadeo e Pol, sumáronse ó longo do ano 2020 as de Castroverde e A Fonsagrada. E neste 2021 entrarán en funcionamento as de Pedrafita, Meira e Navia de Suarna”.

Así as cousas, “a pegada da pandemia do covid nas residencias galegas amosou o fracaso do modelo de xestión privada impulsado pola Xunta. Un modelo baseado na rendibilidade económica e non na calidade da atención, e no que non se contemplaba dun xeito integral a xestión sociosanitaria dos maiores”. A aposta pola xestión privada da dependencia “impulsada polos sucesivos gobernos do PP ten convertido a Galicia na Comunidade con menor porcentaxe de prazas públicas en residencias de maiores, tan só o 41%, cando a media española é do 62% segundo as cifras oficiais do IMSERSO”.

Ademais, segundo a “Asociación Estatal de Directivos y Gerentes de Servicios Sociales”, Galicia conta cun déficit de 14.902 prazas residenciais. A pesares diso, na presentación dos orzamentos para o ano 2021 a Conselleira de Política
Social non anunciou a creación de novas prazas de residencias”, advirten.


Imaxe de Arquivo: O presidente da Deputación visita a Residencia de Trabada

Novas relacionadas

Unha resposta

Deixa unha resposta
  1. Anónimo
    Mai 24, 2021 - 06:29 PM

    Piden, para saír nas afotos!!!!! Hay cousas que son de libro

    Reply

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com