Sogapar conciencia sobre a EPOC no Día Mundial desta doenza

A Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria (SOGAPAR) organiza durante esta semana, coincidindo co seu congreso anual, unha serie de actos preparatorios para o Día Mundial da EPOC, que se celebra o 21 de novembro de 2018.
A Enfermidade Pulmonar Obstructiva Crónica (EPOC) é unha patoloxía producida polo consumo de tabaco  consistente nunha lesión das vías respiratorias e os pulmóns dos suxeitos afectados que produce síntomas como tose, expectoración e dificultade para respirar ao realizar esforzos físicos. Nos casos máis avanzados produce unha limitación moi importante na capacidade de esforzo dos pacientes, e unha gran afectación da súa calidade de vida. É unha das enfermidades crónicas máis frecuentes nos adultos, e a Organización Mundial da Saúde prevé que para o ano 2030 será a terceira causa de morte no mundo, sendo actualmente a cuarta. A pesar diso, é unha patoloxía pouco coñecida polo público.
O recente, maior estudo orientado a coñecer a prevalencia da enfermidade a nivel nacional, o estudo EPI- SCAN II, realizado en 20 centros sanitarios das 17 comunidades autónomas de España, confirmou que máis do 80% dos pacientes que en España padecen a enfermidade pero aínda non foron diagnosticados.
Unha das causas deste feito é que os síntomas se desenvolven lentamente e moitas persoas acomodan gradualmente a súa actividade aos mesmos, sen saber que teñen unha patoloxía, que pode diagnosticarse sinxelamente cunha proba que mide a capacidade respiratoria (espirometría).
Co obxectivo de visibilizar a enfermidade, difundir o seu coñecemento e poñer en valor a alta capacitación no manexo desta enfermidade da pneumoloxía galega, membros de SOGAPAR desenvolverán diversas actividades nas principais cidades de Galicia para difundir o coñecemento da enfermidade entre a poboación xeral. Isto permitiranos axuntar esforzos para diagnosticar esta enfermidade de maneira precoz, actuar precozmente no tratamento do tabaquismo, absolutamente fundamental nesta enfermidade, e optimizar o resto de medidas terapéuticas necesarias co gran obxectivo de impactar na historia natural da enfermidade mellorando a calidade de vida e as complicacións a longo prazo.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com