" />

Sonsoles López e Ana Prieto, na loita polo primeiro posto da lista do PSOE ao Congreso

A Deputada provincial Sonsoles López Izquierdo postúlase para encabezar a lista socialista ao Congreso pola provincia de Lugo.  Xunto a ela, a edil de economía do Concello de Lugo, Ana Prieto, anunciou onte á tarde que tamén optará a esta candidatura. Comeza así a batalla polo primeiro posto da listaxe.

Pola súa banda, a deputada remitiu unha carta aos militantes na que pide o seu apoio dado que a candidatura, para ser efectiva, debe contar co aval da provincia. Unha loita entre López e Prieto que, ao contrario do que poderían cualificar algúns, só amosa, en palabras da deputada provincial, que “defende a ideoloxía socialista da igualdade de oportunidades”.

Pola súa banda, o Secretario Xeral do PSdeG na Provincia, Álvaro Santos, destacou a importancia que ten que sexan dúas mulleres as primeiras en presentar a súa candidatura ademáis de considerar que o PSOE “será unha alternativa real ao PP” nas vindeiras eleccións xerais.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo