Suba importante da presión asistencial malia unha estabilidade xeral no resto de baremos

222 casos activos. Así inicia a provincia a primeira semana sen Estado de Alarma. Unha cifra que durante a fin de semana subiu ata os 228 e descendeu ata manterse nos niveis do venres, cando se rexistraban 223 casos.

Baixan, eso si, moi levemente, os positivos detectados que no último informe, con datos recollidos no día de onte, o SERGAS cifra en 8 contaxios novos, fronte os 11 do sábado ou os 13 do venres.

O que si aumenta considerablemente son os ingresos hospitalarios. Se o venres pechabamos a semana con datos positivos e un baixada de casos que chegaban ata os 6 entre planta e UCI, hoxe este baremo dispárase ata os 9 casos en unidades convencionais, 6 no HULA e 3 en Monforte, e un caso que continúa a recuperarse na unidade de críticos do HULA.

Asemade, dende o inicio da pandemia, 12.125 persoas superaron a enfermidade na provincia, 8 delas nas últimas horas.

E por concellos, malia que a incidencia xeralizada na provincia é bastante baixa, e 64 concellos se atopan no nivel medio-baixo, o que conta coas menores limitacións; o certo é que Sanidade amosou a súa preocupación por Chantada e A Pastoriza, que contan coa incidencia máis elevada, ambos por riba dos 250 casos por cada cen mil habitantes. Este feito poderíalle dar un novo xiro ao mapa de restricións xa que, polo momento, Chantada atópase en nivel medio de limitacións xunto co Concello de Meira, no que xa baixou a incidencia de forma considerable ao baixar xa dos 150 casos por cada cen mil habitantes. A Pastoriza, está no nivel máis alto de restricións.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com