Sube moderadamente a cifra de casos de Covid-19 en Lugo

Asistimos estes días a unha verdadeira xincana de subidas e baixadas dos casos activos por Coronavirus na Área Sanitaria de Lugo. Se onte eran dúas centas cinco as persoas que estaban infectadas e antonte  dúas centas dez,  polo que se producía un descenso de cinco casos; hoxe as tornas cambian e a cifra volve subir situándose en dúas centas seis, unha máis ca onte.

Pola outra banda, a de novos contaxios, tamén subiu foron trece, a última cifra de novos contaxios era de once. Así as cousas, é aínda que, de forma moi moderada as dúas cifras volven subir. Polo tanto, haberá que estar moi atentos, pois a Área sanitaria de Lugo está surfeando ben esta cuarta onda e sería unha magoa botar pola borda.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com