" />

Suplusa continúa “con bo ritmo” a venda de parcelas

“A venda de parcelas por parte de Suplusa está avanzando a bo ritmo”. Así o confirmou hoxe o presidente da entidade urbanística, Manuel Martínez quen asegurou que as últimas parcelas vendidas foron nos polígonos de Chantada, Friol e Paradela. Unhas parcelas que rondan unha superficie de 1.000 metros cadrados cun prezo de 32 euros por metro cadrado. Tamén en Paradela, Suplusa alquilou temporalmente parte da área industrial a dúas empresas eólicas.
Martínez asegurou que Suplusa está a  recibir “numerosas peticións” de información sobre as características das distintas parcelas que teñen á venda.
Previamente a estas, vendéronse outras tres parcelas que suman un total de 10.490 metros cadrados na área de Carral (Begonte) e outras dúas no de Friol. Neste caso, a superficie dos terreos é de 3.400 m2.
Asemade, Suplusa vén de iniciar os trámitar para a adquisición de terreos no polígono de Feira do Monte (Cospeito), onde o chan, reservado por trece solicitantes, suma máis de 22.000 metros cadrados. “Tamén unha plataforma loxística de ámbito nacional nos trasladou o seu interese pola adquisición do polígono de Baralla, onde inicialmente a Sociedade preveu desenvolver unha superficie de máis de 121.000 metros cadrados, sendo o total da actuación de máis de 306.000”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo